| A Fundación Amigos de Galicia rememorou onte á figura da escritora e profesora María Victoria Moreno, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A actividade, na Casa da Luz, levou por título #Lendoengalego, polo que se entregou a preto dun cento de nenos exemplares de libros escritos nesta lingua. Ademais, leronse fragmentos de diversos contos da autora. Por outra banda, 49 escolares de Educación Infantil do CEIP San Benito de Lérez participaron no obradoiro "Unha historia de amor" a cargo de Polo Correo do Vento. Cunha duración dunha hora, a actividade consistíu na creación dunha ilustración mural a partir dunha historia contada de xeito oral mentre os pequenos interactuaron a través da comprensión e expresión oral debuxando cada un un retrato de María Victoria Moreno, que tivo manifestado en numerosas ocasións o seu amor pola lingua galega.