Os colexios de Marín celebraron o pasado mércores as súas celebracións das Letras. Así, o CEP Sequelo celebrou un Festival das Letras Galegas, que culminaba as actividades levadas a cabo nestes días sobre a autora homenaxeada. O festival comezou cunha interpretación da biografía de María Victoria Moreno polos nenos de 5º de Primaria. A continuación os nenos de 4º interpretaron un rap adicado á autora homenaxeada. Por último a compañía teatral Animar-T representou a obra "A historia de Martín", implicando na actuación aos nenos que disfrutaron dos bailes, cancións e das rabechas do rebelde Martín. Tamén o CEIP da Laxe celebrou durante os pasados días a súa Semana Cultural.