17 de mayo de 2018
17.05.2018

Poio celebra o Día das Letras Galegas con deporte, premios literarios e unha conferencia

A parroquia de Raxó centraliza as actividades a prol da lingua autóctona neste 17 de maio

17.05.2018 | 03:37

Un ano máis, o Concello de Poio celebra o Día das Letras Galegas cun amplo programa de actividades que, nesta xornada festiva, monopoliza as iniciativas.

A xornada comenzará cedo. A partires das 11 horas, o peirao da parroquia acolle a saída da Carreira Popular pola Lingua, que inclúe premios de eido cultural para os participantes. As inscripcións estarán abertas ata as 10.30 horas.

Xa pola tarde, o Centro Cultural Xaime Illa coverterase no espazo de referencia para as Letras Galegas en Poio. As actividades iniciaranse a partires das 17.30 horas cunha conferencia do antropólogo e escritor Rafael Quintía.

Quintía é fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Así memos, gañou o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais co traballo "Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega" e o Premio de investigación Luís Cuadrado co traballo "A Nosa Señora da Lanzada". Tamén conseguiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio coa obra "Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia".

Tras esta conferencia divulgativa,entregaránse os premios aos gañadores da XXV edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto. Serán Darío Barros, Antía Yáñez, Carolina Miguéns, Silvia Villaverde, Jessica Hespanha, Ainhoa Blanco e Hatim Ajab.

O acto estará amenizado e conducido pola música en directo do cantor e poeta Tino Baz.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine