17 de mayo de 2018
17.05.2018
ÚLTIMA HORA
Julen Lopetegui renueva como seleccionador español hasta 2020

O Museo acolle os actos da celebración do Día das Letras con premios de narración

-Tamén o Ateneo entrega os seus galardóns - A Granxa de Briz acollerá un concerto coral

17.05.2018 | 03:37

O Museo Municipal Manuel Torres acolle hoxe, a partir das 12.00 horas, a entrega de premios do "XV Certame-Premio de Narración para Escolares Concello de Marín", organizado con motivo do Día das Letras Galegas. A entrega farase nun acto oficial convocado polo Concello, no que intervirá a alcaldesa de Marín, María Ramallo, a concelleira de Cultura, María José de Pazo, e interpretarase o Himno Galego a cargo de "Picuihna".

Tamén o Ateneo Santa Cecilia entrega hoxe os premios do IV Concurso de Relato Curto Marín Conta convocado igualmente con motivo do Día das Letras Galegas e neste mesmo acto.

Por outra banda, a partir das 20.00 horas no auditorio da Finca de Briz celebrarase o IV Concerto das Letras Galegas de corais, coa participación das corais de San Xulián, a Coral Polifónica de Luou e a do Centro Sociocomunitario

O próximo domingo día 20 de maio ás 12.30 horas na praza da Veiguiña, terá lugar un concerto vermú organizado por Galiza Nova O Morrazo en conxunto co BNG de Marín. Neste concerto pola lingua galega contarán coa presenza do grupo moañés The Lelly Kelly's, un grupo de Rock and Roll en galego que fará que todas as asistentes bailen e desfruten da xornada.

Este vermú pola lingua galega está enmarcado dentro da campaña de lingua de Galiza Nova "Rebélate, fala galego" coa que pretenden levar o noso idioma a todas as capas da sociedade, facendo fincapé na necesidade de que a xente nova use o idioma de Galiza como lingua vehicular para o seu día a día. "O galego é a nosa lingua, riqueza inmaterial do noso povo. Dende Galiza Nova, coa campaña Rebélate, fala galego, organizamos por todos o país distintas actividades para reivindicar o uso do noso idioma e tamén para combater frontalmente os ataques que o galego segue a padecer por parte da Xunta de Galiza e do goberno do estado español", expoñen os organizadores, que demandan á Xunta "unha política lingüística adecuada para o noso país, que non ataque ao noso idioma e que facilite que a nosa mocidade viva en galego".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine