Pontevedra acolleu esta mañá os actos institucionais do Día das Letras Galegas. A cidade na que homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno, viviu boa parte da súa vida, celebrou un acto homenaxe no instituto Torrente Ballester, onde a escritora deu clase, e no Teatro Principal, onde foi lembrada por membros da Real Academia Galega.

Todos os participantes ensalzaron a figura de Moreno coma a dunha muller foránea pero comprometida co galego desde que chegou a Galicia, aló polos anos 60.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, calificou á escritora coma a "pomba dourada" da que falaba Cunqueiro, xa que se namorou do galego porque "nas súas palabras quedou a vivir e regaloulle o mellor de si".

Mentres, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, destacou dela a súa condición de muller, de persona comprometida cun idioma que non é seu e, sobre todo, a súa labor docente: "traballou a prol da linguae para formar lectores".

Ademais doutras intervencións de académicos, destacou a da neta da autora, Victoria Feijóo, que recitou o poema "Cantigas" da súa avoa e levantou o maior número de aplausos por parte dos presentes.