O Concello de Cerdedo-Cotobade pecha mañá a programación da súa "Primavera Teatral", no marco das Letras Galegas 2018, coa actuación de Cándido Pazó e o seu espectáculo "Contos que veñen e van". Será ás 21.00 horas no salón multiusos do IES de Tenorio. A entrada será libre ata completar o aforo.