15 de mayo de 2018
15.05.2018
ÚLTIMA HORA
Julen Lopetegui renueva como seleccionador español hasta 2020

A universidade tamén cultiva as súas letras

Noa Rodríguez, Francisco Javier Fernández e Manuel Arca, entre os premiados

15.05.2018 | 03:45
Os premiados, xunto con Begoña Llácer, o reitor e o secretario de Política Lingüística. // Gustavo Santos

A entrega de premios de poesía poesía, relato curto e tradución literaria que promove a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo converteuse na mellor homenaxe á figura de María Victoria Moreno, unha muller que se algo amaba máis ca escritura, era a docencia.

"Un orgullo para a universidade e seguro que tamén para María Victoria Moreno", cuxa figura e lembranza presidiron a entrega dos premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2018 que a Universidade de Vigo celebrou onte na Casa das Campás de Pontevedra. Así foron calificados polo reitor en funcións, Salustiano Mato, os participantes deste certame no que se recoñeceu a creatividade literaria dos estudantes da insititución que participaron no concurso este ano.

O poemario "As espiñas do ourizo", da alumna de Belas Artes Noa Rodríguez, levou o primeiro premio na modalidade de textos en verso. Nesta mesma categoría recoñecéronse con dous accésit os poemarios "Seis paseos", de Nicolás Vázquez, e "Dama de auga", de Francisco Javier Fernández.

O propio alumno do máster en Administración integral de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa, repetiu máis tarde, co seu primeiro premio na categoría de relato curto. Foi pola obra "K.A.R.M.A.". Os accésit foron para Lucía Del Río e Xosé Sobral polos relatos "Unha muller é unha muller" e "O domingo da auga", respectivamente.

Na modalidade de tradución literaria, o primeiro premio foi para o alumno do grao en Tradución e Interpretación Manuel Arca, que xa en 2017 obtivera este mesmo galardón pola súa tradución de dous relatos de Raymond Carver. Desta volta lográbao coa tradución de cinco poesías deste mesmo autor.

Xunto a Arca foron recoñecidos cun accésit as traducións que Moncho Iglesias e Nancy Cuquejo realizaron de textos de Rupi Kaur e Chantal Cahour. Así mesmo, o xurado recomendou a publicación da tradución que Mateo Ramos realizou dun texto de Lucy Felthouse.

O acto foi conducido polos regueifeiros Suso de Xornes e Josiño da Teixeira, que lembraron que a lingua galega "ten futuro" e quen a rexeita "non é intelixente" a base de cantigas humorísticas na que satirizaron de bo xeito ás personalidades alí presentes.

Mentres o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que no ámbito da universidade atópanse persoas con grandes dotes literarias "sen ter que estar inclinadas cara as humidades". García tamén pediu aos premiados "de alta distinción" que non abandonen nunca a súa lingua e a leven sempre consigo a todos os ámbitos.

O acto estivo acompañado por unha alborada nas rúas da cidade a cargo dos grupos dos obradoiros de música tradicionais da universidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine