A Praza da Pedreira converteuse todo o día de onte no escenario do GalegoteRock. Música galega e en galego: Rap, trap, soul, indie, sixties, rock... o mellor do panorama musical en nosa lingua.

Nun principio ía a desenvolverse en distintas rúas e prazas, pero finalmente levouse a cabo en Mugartegui onde se instalaou unha carpa, unha decisión xustificada polas previsións de mal tempo.

Actuacións

Ao escenario subiron: Son da Rúa, Cinta Adhesiva, Dj Sr. Fiuza, Espiño, Esposa, Ataque Escampe, The Lely Kelly´s,Os Amigos dos Músicos, Dakidarría (acústico) Dj Manuele Caamagno. A música sonou na praza desde as 12.30 horas até as 23.30.

GalegoteRock amosa, un ano máis, que cando falamos de música galega non só falamos de folk, que se pode compoñer, gravar e vivir a música en galego, toda a música sexa o estilo que sexa.

Ambiente

De feito a carpa da Pedreira rexistrou unha grande afluencia de público, principalmente xoven, ao longo de todo o día de onte.

A Concellería de Normalización Lingüística é a promotora do certame, en cuxa organización xogou un papel activa a Sala Karma de Pontevedra.