O grupo municipal do BNG presentou unha moción ao pleno no que propón ao Concello apoiar as mobilizacións en defensa da lingua convocadas para o 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, convocadas pola plataforma cidadá Queremos Galego.

Tamén propón instar á Xunta de Galicia a iniciar a tramitación para a derrogación do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, e ao cumprimento do disposto no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, ademáis de instar á Xunta de Galicia a restituír o orzamento recortado durante os últimos oito anos, incrementando as partidas dirixidas á defensa e promoción da lingua galega.