GalegoteRock volve a cidade para encher as prazas de música galega e en galego. Rap, trap, soul, indie, sixties, rock... "o mellor do panorama musical en nosa lingua", segundo o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña.

GalegoteRock amosará, un ano máis, que cando falamos de música galega non só falamos de folk, que se pode compoñer, gravar e vivir a música en galego, toda a músoca sexa o estilo que sexa. Por outra banda estamos diante dunha ferramenta máis para dinamizar o espazo público.

É a Concellería de Normalización Lingüística a promotora do certame, en cuxa organización xoga un papel activa a Sala Karma. que onte presentou a nova edición do festival en dependencias do CITA, xunto con Marcos Rivas da Sala Karma, colaborador do evento, e coa música en vivo de Arturo Delgado.

Os concertos do GalegoteRock comezarán hoxe e desenvolveranse os días 26, 27 e 28 (maratón) de abril. Así, hoxe, as 22 horas actúa no Grifón, "Eu son Voodoo"; e as 23 horas, na Sala Karma, "Boyanka Kostova". Mañán, as 21.30 horas, na sala El Pequeño, será "Monoulous Dop".

Maios

Por outra banda, a poetista Tamara Andrés será a encarga de dar a benvida á Festa dos Maios. Será na praza da Ferrería, ás 11 horas xusto antes do comezo do tradicional concurso dos maios.

O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participar.

O prazo para inscribirse está remata mañán, venres. As bases do concurso de Maios están publicadas na web do Concello www.pontevedra.gal e tamén no Boletín Oficial da Provincia.

Os interesados/asr teñen que inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra e no caso das persoas xurídicas a través da sede electrónica http://sede.pontevedra.gal/.