O Congreso Internacional de Mediación Lectora continúa hoxe a partires das 16.30 horas no Pazo con contacontos ou o encontro de escritoras, ilustradoras, editoras, libreiras etc titulada "Mulleres de libro ao redor da mesa".

Rematará a partires das 20 horas coa presentación de "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito", de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, a cargo do editor Manuel Bragado.