Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carlos Negro: "A poesía da aire para respirar e é un refuxio contra o ruído"

O escritor participou onte na apertura do primeiro Congreso Internacional de Mediación Lectora

O escritor e profesor Carlos Negro, onte no Salon do Libro. // Rafa Vázquez

No marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, celébrase dende onte o I Congreso Internacional de Mediación Lectora, que conta entre outros con Carlos Negro, docente e escritor que o vindeiro mes de xuño recibirá o Premio dos Clubs de Lectura 2018, un recoñecemento á súa mediación na creación de hábitos de lectura. Onte encabezou un obradoiro pensado para a difusión da poesía entre os adolescentes desde un punto de vista práctico e creativo. "Trátase de levar a poesía á rúa, que os adolecentes vexan que a poesía non é algo solemne nin afastado da vida", sinala.

- Todos podemos facer poesía?

-Todas as persoas se teñen os estímulos adecuados no seu entorno poden ter unha visiñon poética das cousas, é un pouco educar a mirada e educar tamén o oído e a sensibilidade. Trátase de descubrir esas estratexias para ver que a poesía pode estar nunha parede, nunha rúa, nunha gasolineira ou nun supermercado e non só nos libros de texto.

- Que nos aporta a poesía?

-A poesía danos aire para respirar e sobre todo é un refuxio contra o ruído, neste mundo no que andamos todos tan acelerados e as palabras son comercios e todo son eslóganes a poesía nos permite facer unha pausa e darlle o valor que teñen as palabras e descubrir que as palabras falan de nós e falamos nós a través das palabras e que temos ahí unha maneira de expresar sentimentos que non veñen no diccionario, as ideas que non veñen no diccionario, e a poesía dunha maneira misteriosa explica todo eso que quizais non ten explicación.

- Os nenos e adolescentes galegos son grades lectores. Que lles facemos para que deixen de ler?

-Non creo que sexa un problema exclusivo só dos nenos pero non teño unha visión negativa, hai una edade crítica ahí nos 11 ou 12 anos e ata os 18, unha idade complicada para a lectura por cambios vitais e tamén porque vivimos nun entorno moi audiovisual e de moitos estímulos e posibilidades de ocupar o tempo sin ler e ahí é onde temos que dar a batalla. Pero a mín preocupanme máis as actitudes dos adultos que a dos adolescentes e nenos, por exemplo eu teño moi boa experiencia cos Clubs de Lectura, das bibliotecas escolares, es sí hay moitos nenos e adolescentes que son grandes lectores, pero evidentemente o entorno social non favorece a lectura, e nesa loita estamos.

- Acaba de fallarse o premio dos Clubs de Lectura. E un galardón especial?

-Hai moitos premios e premios, algúns presentaste e dalgún xeito compites con outros compañeiros, outros escritores, pero este é dos mellores que pode recibir un autor, un premio dado polos lectores dos teus libros que deciden escollelo para os Clubs de Lectura, é un galardón moi bonito, realmente de recoñecemento e de confianza nos teus libros e que che da a comunidade lectora de Galicia. Eu síntome moi afortunado de recibilo e de forma parte nunha nómina de autores na que está un mestre coma Agustín Fernández Paz ou unha escritora como Ledicia Costas ou un gran artista coma Miguelanxo Prado, para min é un honor, unha alegría inmensa recibir ese premio, algo inesperado e tamén algo froito dese traballo de lectura que se fai nas bibliotecas escolares de Galicia.

Compartir el artículo

stats