14 de abril de 2018
14.04.2018

Veciñanza presentará alegacións ao anteproxecto da lei de augas termais

14.04.2018 | 03:13

Saleta Fernández e Santi Martínez, concelleiras de Veciñanza na Corporación cuntiense, reuníronse no Parlamento de Galicia co deputado Antón Sánchez e co gabinete xurídico do grupo parlamentar de En Marea para ultimar as alegacións que Veciñanza presentará ao borrador do anteproxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

O termalismo é un dos principais potenciais turísticos da vila cuntiense, e xa que logo, un dos motores económicos do municipio á vista da parálise industrial que padece. Polo tanto, para Veciñanza este é un asunto de vital importancia e o procedemento lexislativo que concluirá con esta nova normativa será observado minuciosamente por Veciñanza. Saleta Fernández e Santi Martínez rexistrarán as devanditas alegacións este mesmo luns.

Algunhas das principais eivas detectadas no anteproxecto de lei son, segundo Veciñanza, as referidas ao enfraquecemento do papel dos concellos na regulación da actividade económica derivada do aproveitamento lúdico das augas termais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine