O Concello de Poio voltará a convocar unha nova edición do Concurso dos Maios "para manter viva esta tradición". Con tal motivo, a concelleria de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, manterá unha xuntanza con todas aquelas persoas ou colectivos de Poio que queiran participar deste concurso.

Nesta xuntanza se presentarán as bases que o van a regular e as novidades recollidas nas mesmas.

A reunión terá lugar hoxe martes ás 19.30 horas no salón de plenos da Casa Consistorial. A concelleira recorda que despois do Entroido, unha das festas máis ancestral e arraigada no concello de Poio é a Festa dos Maios e por iso anima a todas as persoas e grupos implicaos na súa divulgación a participar no encontro.