| A Biblioteca Publica Municipal acolleu onte a actividade de "Fábulas na Biblioteca", dentro da programación de "Ler conta moito". O grupo "Tarabelos" foi o encargado de facer esta actuación de animación á lectura, enmarcada dentro do Día do Libro Infantil e Xuvenil. "Ler conta moito" é un programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede galega a través do seu catálogo actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte.