Consultor da Unesco dende 2010, Pablo Carpinero é un especialista en diversos intrumentos musicais galegos, caso da gaita de fol ou a requinta da Ulla, aos que adicou varios libros. É tamén artesá, reproduce instrumentos antigos e contribúe decisivamente á divulgación da música tradicional galega. Foi un cos expertos convidados á Semana Galega de Filosofía (SGF) 2018, na que disertou sobre "Música, evolución e paisaxe".

- A música está relacionada coa nosa bioloxía?

-Si, a música produce unhas reaccións hormonais que están xa bastante ben estudadas, música entendida como facer música con instrumentos e bailar, non escoitar, que tamén pero a reacción non é tan forte, a máis estudiada e forte é a de tocar e bailar, que produce nos varóns baixadas na testosterona, na agresividade, produce opiáceos internos, endorfinas, e sobre todo produce oxitocina, que unha hormona de benestar. Produce en xeral unha sensación de benestar e de cohesión social nos grupos que fan música.

- Que supuso eso na evolución?

-Unha corrente de neurobiólogos dí que a música foi xenerada como o factor que cohesionaba os grupos humanos, os humanos facemos música por necesidade de cohesión dentro dos grupos, por eso xurdiu ó longo da evolución a actividade musical.

- É o sentido que terían as muiñadas, os seráns?

-Sí, e exactamente ese sentido, porque todas as sociedades tradicionais ou que viven de xeito natural fan música continuamente. Aquí en Galicia, nas aldeas de certas zonas facíanse ata tres veces á semana, o normal era facer duas festas á semana nas que participaban todos os veciños que querían, desde nenos ata os vellos, non só para facer música senón para falar, xogar, bailar, cantar, eses grupos eran moito máis unidos que os de agora.

- Organizábanse en función do traballo?

-Non, había un costume de facelas houbese ou non unha razón de traballo por detrás, pero o caso é que as actividades de traballo normalmente acababan cunha festa sempre, pero ese é outro tema, tamén se facían festas relacionadas co traballo. Este tipo de festas que se chamaban seráns, polavila, rodadas, estaban instituídas durante todo o inverno; no tempo das colleitas, dos traballos grandes, xa non as había e eran sustituídas por festas que se facían despois de traballar.

- De que xeito están relacionadas música e fala?

-Steven Mithen publicou hai tempo un libro que se chama Os neardentales cantaban rap no que expón unha teoría que siguen moitos outros estudiosos da orixen da lingua e da música que dí que ata fai uns 150.000 anos máis ou menos os humanos non falábamos ou cantábamos senón que era todo o mesmo, había unha musilingua que se chama, os humanos comunicábamos cun sistema tan parecido á música como a linguaxe. Esa é unha das razóns polas que se pensa que a música comparte cousas da linguaxe e a linguaxe comparte cousas da música, se a linguaxe lle quitas por exemplo o ritmo ou a prosodia, a entonación, quédase valeira pácticamente.

- Falamos de música, lingua, e agora intervén un terceiro factor: como se relacionan coa paisaxe?

-Relacionanse coa paisaxe porque dalgún xeito o tipo de paisaxe condiciona o tipo de música que se fai, por moitas razóns. Unha das razóns de que nós fagamos música como humanos é porque os grupos humanos son grandes, fixeronse grandes porque os humanos abandoamos os bosques para salir para a sabana, o cambio da paisaxe foi o que fixo medrar os grupos humanos, como necesidade porque un grupo na sabana ten que ser máis grande por pura bioloxía que un grupo nun bosque, e de feito eso sigue sucedendo nos grupos de monos que habían en sabanas ou bosques, ese cambio na paisaxe foi o que fixo necesaria a aparición da música, pero é que despois a música está condicionada pola paisaxe.

- Que indican os estudios sobre este tema?

-Hai estudios que demostran que os entornos boscosos están asociados con polifonías complexas, non se sabe moi ben cal é a razón deso pero sí que hai unha relación, eu mesmo atopei nas gaitas do noroeste unha relación moi clara coa paisaxe, porque no noroeste dase unha gradación moi clara, se se da conta Portugal é unha chaira e se segue polo sitio onde están as gaitas de fol, ata Asturias, as montañas van crecendo, crecendo ata a parte oriental de Asturias, que son os Picos de Europa, é casi unha escaleira de montañas cada vez máis altas, e vese nas gaitas determinadas cousas que varían conforme cambia a altura das montañas, van variando en función da altura e do pechado que é a paisaxe, porque canto máis alta é unha montaña máis pechados son os vales, máis pechados os entornos, e o que atopamos e que esa relación é clarísima.

- A música está dentro de nós? Os nosos órganos fan música?

-Si, totalmente, está absolutamente relacionada, de feito dase unha cousa que chama moito a atención e é que por exemplo as principais tocadoras de tambores nas culturas tradicionais de todo o planeta son as mulleres, ese é un feito curioso que se pode explicar polos sons que os nenos escoitan na barriga da nai. O ano pasado saliu un estudio dunha antropóloga alemana que demostra que os nenos choraban xustamente despois de nacer co mesmo acento da súa nai, eso quere decir que como os nenos a partir do cuarto ou quinto mes escoitan perfectamente xa aprendían a entonación da súa mamá e choraban con ese acento. Pero na barriga escoitase o latido o corazón por exemplo, tamén se escoita o paso do sangue polas arterias, que fai unha especie de shisssshisss, e hai xente que pensa que o tocar tambores as mulleres ten que ver precisamente con esto, con que o sonido do tambor a todos os nos lembra o sonido do corazón, entón nos axita ou nos calma dependendo da velocidade que leve, a música está moi relacionada coa bioloxía, non pode ser doutra forma porque é unha actividade biolóxica.