07 de abril de 2018
07.04.2018

Un roteiro percorre a cidade da man do imaxinario de María Victoria Moreno

É a primeira das rutas pola Boa Vila que dá o salto ao formato de papel e se desenvolve fóra do casco histórico -O luns presentarase unha biografía novelada sobre a escritora

07.04.2018 | 03:42
Participantes no roteiro ao seu paso pola Avenida de Vigo. // Rafa Vázquez

O roteiro en homenaxe a María Victoria Moreno pode facerse contactando co Concello de Pontevedra. Onte tivo lugar a primeira saída deste particular percorrido polos lugares que marcaron a vida da profesora e escritora na ciudad. O punto de partida é a ponte da Avenida de Vigo.

Tal e como se asegura dende a Concellería de Normalización Lingüística, por unha cuestión de organización, solicítase ás persoas que queiran asistir que previamente o comuniquen no correo electrónico normalizacionlingüistica@pontevedra.eu ou ben no teléfono 986 804300, extensión 7107.

O roteiro "Camiñadas con María Victoria Moreno", elaborado pola escritora pontevedresa e membro da Real Academia Galega, RAG, Fina Casalderrey, e a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña, xa conta cunha versión en papel. É o primeiro dos cinco que se organizan dende o Concello de Pontevedra que se leva ao formato físico. Permite facer un percorrido diferente pola Boa Vila que marcou a vida da escritora e profesora do IES Torrente Ballester.

Tal e como lembrou Casalderrey, María Victoria Morena, cacereña de nacemento, sentiuse moi vinculada sempre á cidade que a acolleu cos brazos abertos, así como á súa lingua, que asumiu como propia, como ela mesma confesaría en numerosas ocasións: "Aquí comecei a vivir en serio, por iso coido que Galicia é a miña terra. A miña relación coa lingua é simplemente una historia de amor".

É, tamén, a primeira vez que un dos roteiros de Normalización Lingüística sae do casco histórico. Percorre aqueles lugares importantes para a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas: ponte da Avenida de Vigo, a Avenida de Vigo, Campolongo, o río Gafos, rúas da Oliva, García Camba, Augusto García Sánchez e Marqués de Riestra. Tamén inclúe algúns emprazamentos da zona monumental, como as súas prazas e o Liceo Casino, onde fixo historia ao converterse na primeira muller que deu unha conferencia en galego en público.

A publicación incorpora dúas posibles opcións de roteiros, unha reducida e outra ampliada.

A figura de María Victoria Moreno tamén será lembrada o vindeiro luns, 9 de abril, ás 13 horas no IES Gonzalo Torrente Ballester, onde a escritora deu clases durante case unha década. No centro educativo, Hércules de Ediciones ofrecerá a presentación da biografía novelada "Doce cartas a María Victoria Moreno", escrita por Ánxela Gracián.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine