05 de abril de 2018
05.04.2018

O can pacifista de María Victoria

O IES Torrente Ballester acolle a presentación dun conto inédito da escritora

05.04.2018 | 03:08
Asistentes á homenaxe a María Victoria Momento que celebrou o IES Torrente Ballester. // R. Vázquez

Morito é un can que come os libros da súa dona. Co paso do tempo deciden alimentalo somentes con xornais, pero non lle sentan ben: demasiadas noticias sobre a guerra que o fan enfermar.

É o pacifista protagonista do conto inédito de María Victoria Moreno que presentaron onte os alumnos e profesores do IES Torrente Ballester na homenaxe á escritora, un encontro no que participaron representanes da Real Academia Galega e que dará paso nos vindeiros días a outras actividades relacionadas coa autora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

María Victoira Moreno escribiu o conto "no momento en que eran as manifestacións contra a guerra de Irak; fíxose un contacontos neste instituto e ela escribiu un conto nunhas follas soltas", explica o director do centro, David Castro.

Éste exerceu de anfitrión dos representantes da política, a cultura e a comunidade académica que se deron cita no instituto para lembrar á escritora.

Os alumnos do IES pontevedrés ilustraron o conto, que recitaron na homenaxe de xeito coral co seu profesor de Música os estudiantes de cuarto da ESO.

A segunite actividade relacionada con María Victoira Moreno será o roteiro inspirado na súa vida e obra que principiará mañá ás 19.30 horas na ponte da avenida de Vigo.

A profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña e a escritora e académica Fina Casalderrey deseñaron esta camiñada, aberta "a todos os que queiran anotarse, sen necesidade de que vaian en grupo", sinalan os representanes do Concello, que promove a iniciativa. A inscripción pode formalizarse no correo do Concello ou no teléfono 986804300.

A seguinte actividade será a estrea dun documental no que participan escritores, editores, libreiros etc que coñeceron á escritora.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine