03 de abril de 2018
03.04.2018

Un novo roteiro pola cidade e un documental, primeiras actividades do Ano María Victoria Moreno

O IES Torrente Ballester será mañá escenario da homenaxe do centro á escritora

03.04.2018 | 13:34
Un novo roteiro pola cidade e un documental, primeiras actividades do Ano María Victoria Moreno

Un novo roteiro polos espacios da cidade vinculados a María Victoria Moreno e un documental que da voz a persoas que coñeceron á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas figuran entre as primeiras actividades que promove o Concello en memoria da escritora, pontevedresa e galega de vocación.

O concelleiro de Normalización, Alberto Oubiña, presentou na mañá deste martes estas primeiras actividades.
O instituto Torrente Ballester, no que impartiu clases María Victoira Moreno, celebrará mañá un acto de homenaxe á escritora no que participarán o actual presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, o seu predecesor no cargo, Xesús Alonso Montero, ou a académica e escritora Fina Casalderrey, que precisamente é unha das persoas que diseñou o novo roteiro ligado á autora.
A homenaxe incluirá a presentación dun conto inédito que ilustrou a comunidade do centro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine