30 de marzo de 2018
30.03.2018

Guadi Galego: "A revolución e o cambio de sistema pasa por nós, está claro que o patriarcado non funciona"

A artista pecha o vindeiro 7 de abril nas Matinés do Principal de Pontevedra a súa xira de "O mundo está parado"

01.04.2018 | 13:13
A cantante e instrumentista Guadi Galego.

Guadi Galego e os seus convidados serán o vindeiro sábado, 7 de abril (12.30 horas), os protagonistas das Matinés do Principal en Pontevedra, un concerto moi especial co que pechará a xira do traballo "O Mundo está parado", á súa vez fondamente vinculado ao seu novo disco, "Bola de cristal", que sairá en maio. As entradas poden mercarse dende 15 euros na web Ticketea.com.

- Como será o directo que presentará en Pontevedra?

-É un directo que vai ser un pouco o resumo do que fixemos nestes 4 años, pero sobre todo do último disco, "O mundo está parado". O que pasa é que como é cunha banda grande o públicó poderá ver un directo moi enérxico, con moita dinámica, moito traballo da enerxía no palco porque son 12 músicos e eso é o que t pode levar a ter moitas dinámicas distintas e moitas cores.

- Presentou "O mundo está parado" en 2016 como unha continuidade de anteriores traballos.

-Si, presentámolo en decembro de 2016 e foi un traballo que nos deu moitas alegrías, consolidounos como unha opción de música de autora con tintes ao mellor máis globais en galego. Tamén corroborou un pouco efectivamente o disco anterior, "Lúas de outubro e agosto", consolidou o público que tiñamos e abriuse aínda un pouco maís a outro tipo de públicos aos que nos costaba máis chegar antes. Este disco deunos moitas alegrías, sobre todo os directos foron moi espectaculares.

- Gústalle especialmente o directo...

-Non coñezo a ningún músico que non lle guste, é o obxectivo do disco, non queda outra, aínda que fas o disco cun tratamento e sabes que no directo non poderás levar exactamente ese tratamento, sempre vas máis mermada, e neste caso noso é ao contrario, facemos unha xira con tope de gama como digo eu, cunha aposta moi forte, entén vamos centradísimos a disfrutar deste directo e a facer que a xente disfrute ao máximo porque non timos moitas oportunidades de facer directos así.

- Como vai ser "Bola de cristal"?

-Igual que Lúas era o meu mundo redondo de ensoñación, máis vinculado á miña etapa da maternidade, é o disco que fago entre o nacemento do meu primeiro fillo e da miña segunda filla, un disco ensoñado, desa temática do mundo que ten que ver máis coa maternidade e outro tipo de ilusións, "O mundo está parado" era o meu disco máis realista, falaba das incoherencias e da complexidade da sociedade que temos, e despois está "Bola de cristal", que é o mundo que eu quero, o que me gustaría ver neste mundo, e así pecho este ciclo dos meus distintos mundos, algo que era tan necesario para min.

- Como é o mundo que imaxina?

-Pois un mundo que non ten fronteiras, que mudemos as fronteiras por pontes que é o primeiro single que acabo de sacar, un mundo onde vexa a posibilidade da revolución a todos os niveis, que cada un faga a súa revolución propia e como colectivo, un mundo no que os sistema sexa menos productivo e máis humano, ese mundo que todos queremos ver, máis pacífico e feliz, un mundo que non peche as fronteiras aos refuxiados e non nos conte películas, un mundo no que a corrupción non sexa a nova que sae na televisión todos os días e onde a liberade sexa efectiva e non un paripé que nos contan. E logo está o mundo que cada un ten no seu interior e que ten que desenvolver ao longo da súa vida, que é maravilloso, seguir medrando como persoas.

- Aínda queda por diante para conseguir todo eso.

-Evidentemente (risas), moito, é o que desexo que creo que temos cada unha das xentes de ben.

- É muller e nai da muller. Que lle parecen os recentes movementos de reivindicación?

-Eu creo que o feminismo é unha palabra que ate fai moi pouco tempo a xente vía como unha especie de perigo casi (risas) como que as mulleres querían ser mulleres pero non querían ser feministas, una cousa moi extraña, cando vas ao diccionario e ves que o feminismo non é outra cousa que un movemento que quere igualdade en dereitos e deberes. Eu son moi pro feminismo da diferencia e penso que as mulleres temos un papel moi importante por desenvolver no futuro da sociedade. Realmente a revolución e o cambio do sistema pasa por nós, as mulleres, e está claro que o patriarcado non funciona, e dentro do sistema capitalista tampouco, entón haberá que dar unha volta a todo isto es só se consigue se temos un movemento forte que as mulleres teñen que liderar e os homes seguir, creo que as mulleres, non sei se polo desenvolvemento antropolóxico, pero temos unha visión moitísimo máis humana que a dos homes, se acaso porque nos tocou lidiar en moitas guerras distintas. Creo que o mellor mundo pasa polo feminismo, que é a revolución do século XXI e espero que se espanda por moitos sitios onde queda aínda moito por facer.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine