O programa Apego, que chega hoxe a un millón e medio de persoas nuns 30 concellos, os profesores Vitoria Ogando e Anxo González Guerra, que adicaron a súa vida profesional á nosa lingua e hoxe manteñen unha web con ferramentas para traballar nas aulas, e a Galipedia, unha decisiva ferramenta para a normalización do galego en todos os ámbitos do coñecemento. Son os galardonados cos Premios Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua galega.

Estes galardóns que levan nome da figura central do Rexurdimento recoñecen ás persoas, empresas, asociacións ou entidades que axudan a impulsar a presenza do galego na sociedade pontevevedresa e na galega en xeral. Neste 2018 ás categorías habituais (un premio para unha persoa, empresa, asociación ou entidade que destaque pola súa traxectoria na promoción e normalización do galego ou pola posta en marcha de actividades que implicasen o espallamento da nosa lingua durante os dous últimos años; e un segundo para quen se destacase por esas mesmas tarefas pero ao longo de toda a túa a súa traxectoria profesional ou vital) engadese unha terceira modalidade, na que os veciños de Pontevedra propuxeron aos candidatos.

No caso da labor desenvolvida desde a anterior edición dos premios, o galardón recae en Apego, un programa que puxeron en marcha 11 municipios de todo o país e que se adica a fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. "Sería imposible sin os concellos, sen as familias e tamén sen a implicación enorme dos técnicos de Normalización dos concellos, que traballan todos os días para mellorar a situación da nosa lingua", lembrou o concelleiro de Normalización, Alberto Oubiña.

Éste deu a coñecer onte os nomes dos premiados nun acto no que tamén participaron os membros do xurado, formado por representantes dos xornalistas, das asociacións veciñais e culturais, do departamento municipal de Normalización ou dos equipos de normalización dos institutos, ademais dos anteriores gañadores dos galardóns.

Designaron como premiados pola súa traxectoria persoal e profesional na defensa do galego a Victoria Ogando, que durante décadas impartiu clases no IES Valle Inclán, e a Anxo González Guerr,a que exerceu no instituto Sánchez Cantón. "Xa xubilados, teñen unha web Ogalego.eu, na que aportan recursos e ferramentas para traballar nas clases e axudar aos profesores que preparan oposicións e nas aulas", lembrou o concelleiro.

Finalmente, o xurado elexiu de entre as propostas que presentaron os veciños a Galipedia, a Wikipedia en galego, que este mesmo mes cumple 15 anos. Na actualidade máis de 145.700 artigos, unha gran enciclopedia colaborativa aberta ás achegas de todo o mundo e sobre todo tipo de temas, dende os persoeiros a astronomía, lingüística, historia do Reino de Galicia, deporte, gastronomía. O seu cremento é sinxelamente desorbitado e tamén a súa capacidade de actualización, contribuíndo decisivamente á normalización da nosa lingua.

O alcalde, Miguel Fernández Lores, comunicoulle onte a concesión dos galardóns aos premiados e tamén presidirá a entrega, que se celebrará o vindeiro día 15 no pazo de Mugartegui a partires das 20.30 horas.

Conchi Cochón, técnica do departamento municipal de normalización e tamén vogal do xurado, lembrou especialmente que todos os premiados "traballlan dende ámbitos diferente so orgullo e prestixio da lingua", máis alá dos aspectos lingüísticos.

Carlos Yus, da compañía Migallas, galardoada na pasada edición dos premios, formou parte do xurado e incidiu na dificultade de elexir. "Este ano están moi acaídos, a Apego e con él aos país, nais e avós que transmiten a lingua aos nenos, a dous profeores porque é fundamental a escola para o galego, dende a infancia á universidade, e tamén que haxa ferramentas para o emprego da lingua, e tamén Galipedia, que abarca todo. Son 3 alicerces fundamentais para que o galego siga sendo unha lingua viva e se cumpla o rap: que falemos en galego/ é cousa natural/ como a chuvia no inverno/ e o calor no verán".