Unha lectura de poemas e a representación do musical escénico "Rosalía, unha vida" deron o inicio en Marín á celebración do Día de Rosalía de Castro, cunha programación que se extende ata hoxe sábado. As actividades organizadas polas concellerías de Cultura e Educación de Marín, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, foron presentadas previamente nos distintos colexios de Marín.

En canto a hoxe, de 11.00 a 13.00 horas, na Alameda de Marín haberá unha actividade familiar para conmemorar o Día Internacional da Lingua Nai.

Obradoiro

"Imaxes para unha fala", en colaboración coa asociación cultural Taller Aberto, invita a todos os nenos e familiares a un taller interxeneracional para traballar colaborativamente o valor comunicativo da lingua galega a través da expresión plástica, con motivo da celebración de dúas datas claves no calendario: o Día Internacional da Lingua Nai (21 de febreiro) e o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro).

Trátase dun obradoiro de ilustración para público familiar, que busca coñecer, compartir e valorar palabras galegas combinando a linguaxe gráfica coa escrita. O fin é achegar aos asistentes á cultura popular e ao coñecemento de termos singulares e expresións que adquiren un significado especial en Galicia, por se referiren a cuestións topolóxicas ou de idiosincrasia da terra.

Trabállase en parellas dun neno ou nena cun adulto que o acompañe.

Tamén proponse a creación dun "Diccionario visual de palabras galegas: imaxes para unha fala" a partir dos materiais resultantes do obradoiro. Por isto os traballos feitos no taller quedarán a disposición de Taller Abierto para a súa posterior edición. É unha actividade gratuita e aberta con rotación de participantes que se desenvolverá ao longo da mañá.