| O colexio de Pontesampaio festexou o Día Internacional da Lingua Materna, unha xornada na que non faltaron cancións adicadas á importancia do uso e mantemento do galego. Nun día tan especial visitaron o centro os integrantes de Polo Correo do Vento, que puxeron en marcha un obradoiro titulado "Mario pensaba que o galego non servía para nada", no que os nenos escoitaron a historia do protagonista mentras o ilustrador realizaba un mural. Houbo tamén unha "rolda de prensa" e para rematar un obradoiro de ilustración no que cada un fixo un retrato do protagonista do conto.