"Rosalía merece ser homenaxeada e que se recoñeza a súa figura", sinalou o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, que ao presentar #Rosalíate lembrou que poucas culturas "poden dicir que é unha muller a sua poeta nacional". Tamén incidiu en que Pontevedra adicoulle unha rúa "a pesares de que queiran seguir a charmarlle co nome dun golpista; aquí houbo memoria histórica antes de que saise a lei que obriga a retirar os nomes dos fascistas" dos espacios públicos.

Outro dos fins de #Rosalíate é poñer en valor o talento musical da cidade. Así, participarán na actividade Laura Solla, Heva, Yoli Saa e Bea Mazaira, que musicalizarán obras de Rosalía.

Tampouco poderían faltar os versos nesta xornada e a poetisa Tamara Andrés encbezará unha acción poético-reivindicativa, nunha xornada que tamén incluirá unha lectura aberta de poesía de Rosalía. Así, calquera pode sumarse á actividade lendo textos da autora homenajexada.

Finalmente, #Rosalíate tamén incluirá unha sorpresa, da que so se sabe que está relacionada coa escultura da praza de San Xosé "ocupada na súa totalidade por homes, parecíanos que faltaba alguna muller", avanzou o conelleiro.

Éste incidiu na importancia de reivindicar a figura de Rosalía e a súa obra "que está viva, igual que o está a cultura galega. Somos de onde vimos e tamén cara onde vamos".

#Rosalíate súmase ás actividades programadas en Pontevedra nun momento no que a cidade experimenta un forte "impulso cultural, vimos de presentar Noites Abertas, agora esta actividade e a vindeira semana serán novas actividades culturais, por exemplo as cifras importantes que rexistran os obradoiros de Normalización ou iniciativas arredor da figura de María Victoria Moreno".

Tamén Ponte Caldelas lembra a Rosalía e de feito foi o primeiro concello en sumarse á homenaxe. A Casa da Cultura encheuse de veciños e representantes de colectivos culturais para participar neste acto o que a música de Iván Gulín supuxo a nota máis emotiva.

O acto comezou coa intervención do alcalde, Andés Díaz, quen leu o poema "Adiós ríos" como símbolo da loita do concello que encabeza contra o plan do trasvase do río Verdugo, "un proxecto do que ata os seus impulsores senten vergoña e por iso prefiren chamarlle captación".