O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo ONTE unha reunión co presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) co obxectivo de analizar a aplicación, a partir do vindeiro 1 de marzo, da nova lei de reserva de carga de traballo nas administracións para persoas con discapacidade e con dificultades de inserción laboral.

Os responsables de Cesagal recordaron que a normativa sobre dereitos das persoas con discapacidade recolle a obriga das empresas públicas e privadas cun cadro de persoal de 50 ou máis traballadores, a reservar un 2% dos postos de traballo para persoas con discapacidade. A finalidade principal da reserva é fomentar a contratación directa de persoas con discapacidade nas empresas.

Esta normativa será obligatoria a partir do 1 de marzo, polo que, dende Cegasal solicitaron que, dende as administracións coma a Xunta de Galicia, se tivera en conta as organizacións que, como eles, están conformados por centros de emprego sen ánimo de lucro, o que significa que, os beneficios van destinados á formación dos seus traballadores e a xeración de novos empregos. A norma esixe que estes centros conten con, a lo menos, cun 70% de posibles traballadores con discapacidade, que se supera en Cegasal ata acadar o 95%.

A maiores, a organización tamén aproveitou a visita para anunciar a convocatoria dos segundos premios Cegasal, que, nesta ocasión, aumentan de dous en 2017 a catro categorías en 2018, unha destinada aos medios escritos e outra aos medios audiovisuales en relación ao mellor artigo de prensa relacionado co traballo de persoas discapacitadas, e outras dúas categorías destinadas ás administracións que colaboran na inserción laboral destes traballadores.

Na reunión o presidente de Cesagal e Cores Tourís estiveron acompañados do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, así como da directora comercial de Cegasal, Raquel Alvite.

Cegasal é unha organización empresarial multisectorial que defende os intereses dos centros especiais de emprego de iniciativa social dende o ano 1997, iniciativas que xurdiron trala aposta pola creación de emprego de calidade entre as persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción, a través dun modelo de emprego protexido. Esta organización, na actualidade, da traballo a preto de 800 persoas e desenvolve actividades empresariais en varios sectores para dar resposta as demandas e necesidades actuais, ofertando postos de traballo axeitados ás capacidades que cada persoa posúe.