Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rubén Riós: "Nas persoas con discapacidade vexo unha verdade que non vexo no día a día"

"Hoxe que todos buscamos ser únicos, aprendamos dela e premiamos a diferenza"

Rubén Riós (drta.) co protagonista de "Vida", Oscar Rodríguez. // R.V.

Rubén Riós e un dos protagonistas do documental "Vida", Óscar Rodríguez, presentaron onte en Afundación este proxecto que inclúe 2 audiovisuais centrados nas capacidades diversas, un tema tan pouco tratado a nivel social coma educativo.

- Como xurdiu "Vida"?

-Levaba dez anos no eido do audiovisual, acabei a serie "Libro de familia" e durante ese tempo unha das cousas que máis me impactou é a forza que adquires unha vez que te convirtes nunha persoa pública; esa caixa entra na casa da xente e convirteste en parte deles porque ven familiar a túa cara, alí onde vas queren sacar unha foto contigo, escoitarte. Vin que a vida me estaba regalando iso, e eu considerome unha persoa feliz porque fago o que máis me gusta e ao mesmo tempo se me recoñece, e cando botei a mitada atrás para ver que fora o que máis aprendera, porque tiven un parón típico nesta profesión e quería empezar algún proxecto, vinme traballando con actores, na alfombra vermella, nos premios, pero o que máis me chamara a atención non fora todo eso (ao fin e ao cabo un bo profesional gustarache ou non pero merezo o mesmo aprezo que un carpinteiro que fai un banco xenial o un carniceiro que vende a mellor carne) senón que o que máis mella me deixara é cando me chabaman para colaborar nalgún sitio, sobre todo onde había persoas en exlusión social, centros para persoas con discapacidade, algún cárcere é demais.

- Que realidade atopou neses sitios?

-Unha á que eu non estaba acostumado, e non é so que non estivera acostumado, se non que por exemplo nas persoas con discapacidade vía e vexo unha realidade e unha verdade que eu non vexo no día a día. Realmente as veces nos preocupamos de outras cousas, da roupa, do teléfono, de ter, ter máis, dese consumismo que vivimos hoxe en día, e eu empecei a notar ahí moita autenticidade. Tiven a sorte de ir a colaborar cunha asociación en Ourense e un día invitaronme a unha obra de teatro que levaban a cabo persoas con discapacidade. E foi cando me puxen un reto: facer unha curta con persoas con discapacidade, pero fíxeno dende unha postura equivocada naquel momento.

- En que se enganaba?

-A miña postura equivocada é que eu pensaba que os ía ensinar a crear persoaxes, a facer cine, a colaborar con eles, pero, claro, é que a vida cando levaba tres meses traballando con eles deume unha labazada de realidade absoluta, porque eu poderíalles estar ensinando a crear cine, a facer persoaxes, a traballar improvisacións, que é o que outros profesionais fixeran en min, pero eles empezaron a ensinarme cousas que a educación que eu recibín, que creo que foi unha boa educación, non me ensinara.

- Refírese, deduzo, a ese tan extendido paternalismo?

-Si, moitísima xente cando hoxe ve unha persoa con discapacidade pola rúa, e o que diga o contrario minte, seguimos mirando a esa persoa con ollos de "pobriño", "pobre familia", "vaia por deus", e eso non suma, eso resta, e eles danse conta. E cando eu empecei a sacar ese traxe do que fala de paternalismo, co cal me educaran e co cal educamos aos nosos fillos hoxe en día, foi cando empecei a tratalos de ti a ti empecei a atoparme cunha realidade que eu non coñecía: cada un na vida temos os nosos tempos, ti poderás facer unha entrevista máis rápido e de forma máis concisa ca min, pero eu con tempo e traballo se non é en agosto próximo será no ano que ven pero poderei facela tamén. Entón o que fixemos é que cando levabamos 4 meses traballando con eles ía seguir no proxecto, pero xa non ía rodar unha curta, simplemente quería aprender, aprender dos seus procesos, tempos e reflexións.

- Foi así como xurdiu "Máis ca vida"?

-Si, ese é o proceso que está en "Máis ca vida". "Vida" é a curtametraxe, digamos que eses 17 minutos de "Vida" son unha homenaxe á técnica e os 45 minutos de "Máis ca vida" son unha homenaxe á emoción. Que move a vida? As emocións ou a técnica? E aí foi cando os 3-4 meses nos que tiña previsto traballar convertíronse en dous anos e medio. E, claro, este proxecto non tiña data no calendario para decir ala, en xaneiro arreglamos, non, porque traballamos cos tempos das persoas e cando alguén traballa cos tempos das persoas estamos preparados cando todos estemos preparados, e cando todos estábamos (e teño que dicir que as persoas con discapacidade ó final estiveron antes ca min, porque eu cheguei un momento en que me asustei e dixen que eu non o estaba) entón fixemos o proxecto.

- Resultou unha iniciativa pioneira no audiovisual

-Algo distinto, neste mundo de hoxe no que xa está todo inventado e todos buscamos ser únicos e distintos, valoremos, aprendamos e premiemos a diferenza.

- Como son os protagonistas?

-Traballei con máis de 20, todos eles con discapacidade intelectual, Oscar e Mónica teñen os dous trinta e pico anos e neste proxecto viron unha oportunidade que ás veces polo ritmo que nos marcan na vida non llo damos. Penso que hoxe en día a discapacidade formada e tratada dende o ámbito do cine, a carpintería etc, farían que realmente se lles adicamos ese tempo evitaríamos o que estamos facendo, que é que nós mesmos os facemos parásitos, facémolos así porque realmente non traballamos a formación, traballamos que sexan persoas que teñan a sua paga, atención etc pero penso que deberíamos adicar moito máis a traballar a formación, que foi o que fixo "Vida" e "Máis ca vida", traballar eses dous anos e medio na formación e agora Oscar e Mónica cobran polas súas conferencias, eu dinlles un curso e agora escoitalos é todo un luxo porque non son coaching que o estudiaran senón alguén que o vive no seu día a día.

- O proxecto ten cada vez máis éxito, nomeadamente a nivel educativo

-Si, esa diferenza da que falaba é o que fai que este proxecto se esté a converter nesa boliña de neve que bai vaixando pola montaña, cada vez máis grande, o que fai que nestes momentos a Universidade de Santiago xa esté traballando sobre él, que a Fundación ONCE a nivel español o vaia converter nunha metodoloxía de ensinanza que impatirei durante 2 anos con ouros profesionais por toda España. Este proxecto fixo que o meu cine e os meus traballos teñan hoxe un forte carácter educativo, pedagóxico e, sobre todo, de abrir os ollos e utilizar o cine e o audiovisual non só como ferramenta de entretemento, senón como unha ferramenta de facer pensar.

- Insiste en que nun escenario no que o audiovisual se adica a evasión é importante axudar a crear conciencia

-A mayoría do cine que vemos vai buscando a anestesia, a pornografía sentimental e o que demostra "Vida" é que hai unha trama, creada a través da problemática deles. O documental non ten guión, é poñer a cámara durante horas e horas, como a propia vida, ten desenfoques si, non é un homenaxe á técnica porque ten oscuros e claros, como os ten a propia vida, e as tramas foronse construíndo coa súa problemática: o tema da sexualidade, do que tanto falan, o tema da perda da figura materna (porque hai unha unión entre a figura materna e eles absoluta, que a veces non é sa) e a partir de ahí naceu este proxecto que me cambiou primeiro como persoa e que cambiou o meu modo de facer, porque agora teño moitos proxectos coa educación e con facer pensar.

Compartir el artículo

stats