13 de enero de 2018
13.01.2018

Marín súmase ós actos programados do Calendario do libro e a lectura do ano 2018

Se programan días dos usuarios das bibliotecas, do libro infantil e xuvenil e outras actividades

13.01.2018 | 03:29

No ano 2018 celébranse varias efemérides destacadas relacionadas co libro e coa lectura en Galicia e en galego, que se suman a unha serie de datas que xa están ben establecidas na axenda cultural. O Calendario do libro e da lectura 2018, deseñado pola ilustradora Nuria Díaz, contempla as principais citas deste ano, para animar o conxunto da cidadanía a conmemoralas. Os días do Usuario das Bibliotecas, da Ilustración, da Lingua Materna, do Libro Infantil e Xuvenil, das Letras Galegas, das Librarías ou da Edición comparten protagonismo en 2018 con aniversarios de obras e de autores senlleiros das nosas letras e se celebra en Marín.

O medio século da publicación de A galiña azul, de Carlos Casares, na véspera de Noiteboa; os 130 anos do nacemento de Otero Pedrayo, o día 5 de marzo; as sete décadas do célebre discurso "Alba de gloria", pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948 en Buenos Aires; ou os 90 anos do poemario de Manuel Antonio De catro a catro, que viu a luz o 27 de marzo de 1928, son algunhas das propostas dentro deste programa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine