O Cine Seixo acolle esta tarde a segunda edición do ciclo de cinema galego "Ficciónate". A apertura de portas é ás 19.30 horas. Os catro filmes que conforman este ciclo de cinema itinerante son "Illa Pedra" de Adriana Páramo (London Film School), "Einstein-Rosen" de Olga Osorio, "Curricán" de Álvaro Gago (Premio do Público en Cans 2015) e "Superpunky, el Musical" de Pablo Cacheda (apodado o "La la land galego").