"Basicamente son un contacontos, un señor que conta historias e estou encantado, contar histoiras é máxico", explicou Manel Loureiro, protagonista onte do encontro que celebrou o Club FARO arredor do tema "Construíndo historias (como escribir unha novela ou unha serie de televisión sen morrer no intento)". O escritor e avogado pontevedrés foi desgranando as claves para quen teña o soño de escribir unha novela ou un guión dunha serie ou dunha película.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou ao relator, unha persoa "comprometida co seu tempo e espacio, un home global que se move con moita facilidade neste mundo sen fronteiras para os que se atreven a traspasalas e ao tempo con fondas raíces, que exerce de pontevedrés e de galego".

Especialmente, a titular do goberno provincial incidiu en que escribir "cambia o mundo, do que escribe e dos lectores. Ademáis Manel Loureiro é polifacético, non só un creador senón un gran comunicador con capacidade de empatizar cos demais" e que neste mundo cambiante "transmite esperanza, optimismo e ilusións de alguén capaz de construir os seus soños e convertilos en realidade".

A diferenza de Francisco Umbral, Manel Loureiro non se presentou no Palacete Mendoza ante o auditorio (no que figuraron autoridades como os diputados Digna Rivas, Chelo Besada, Carlos Font e Javier Dios, pero tamén persoas moi achegadas ao escritor, escomenzando polos seus pais) para falar do seu novo libro, "Veinte". No medio dunha intensa xira de presentación, explicou, a súa intervención foi un alivio, máxime ao "xogar na casa", a uns metros da praza na que xogaba de neno, e no Club FARO, "unha institución na que teñen falado os grandes autores de España e moitos internacionais".

De seguido, foi explicando como escribe novelas ou series de televisión, como pasalo ben e non embarrancar. Con todo, advertiu que "non teño unha frauta máxica, non existe ou tipos coma mín seríamos prescindibles, non existe unha fórmula de éxito, por eso vemos series que as retiran aos poucos capítulos e outras que ninguén esperaba que triunfaran, ou novelas que sen esperalo son best sellers".

Cantas historias é posible construír? O público estivo dividido e houbo quen dixo "millóns" ou "infinitas". Manuel Loureiro lembrou entón a teoría do aristócrata italiano Carlo Gozzi (1720-1806) que sinala que somentes hai 36 situacións dramáticas que se repiten unha e outra vez.

Exemplos: o noso protagonita ven dos ceos, chega dun xeito milagroso, ten amigos, persiguenno as autoridades, matanno, resucita e antes de marchar deixa un derradeiro mensaxe de paz e amor. Soalle a Xesucristo? Si, pero tamén ET, que tamén chega dos ceos para ensinar bondade e amizade, é perseguido, resucita e antes de marchar deixa un derradeiro mensaxe a Drew Barrymore.

Outro ejemplo: nunha lonxana galaxia vivía o noso protagonista cos seus tíos ata que aparece un vello de barba blanca que o axuda a comezar o camino do héroe; un vieiro no que fai amigos, no que lle fai fronte ao mal e que o transforma, de xeito que non é o mesmo ao principio que ao final da historia. Luke Skywalker? Si, e tamén Frodo Bolsón, o hobbit de "O Señor dos Aneis" ou o meigo adolescente Harry Potter.

Nesas 36 posibilidades das que falaba Gozzi e ás que se referiu Manel Loureiro tamén está o amor imposible: rapaz e rapaza namoranse pero algo fai imposible a súa relación, loitan por ela e son quen de levar esta loita ata o final, que non soe acabar ben (Romeo e Xulieta). Con todo, vense variantes, lembrou, caso dos telefilms televisivos dos domingos e os seus finais felices.

"Hai 36 situacións dramáticas coas que nos identificamos: o medo, a ira, a luxuria, a vinganza, a ambición...Ninguén foi quen de refutar a Gozzi", lembrou o escritor.

Loureiro foi detallando as posibilidades á hora de escribir: ser de mapa (é dicir un autor que elabora diagramas e ten antes de sentarse a redactar todo na cabeza, a trama principal, a secundaria ou que fará en cada momento cada persoaxe); ou ser de brúxula, funcionar basicamente por intuición, "sen ter nin idea do que vai suceder na seguinte páxina".

Ambas teñen potencialidades e riscos que detallou antes de sinalar que "eu tento ser híbrido", aproveitando as posibilidades dos dous xeitos.

Logo toca afrontar a estrutura clásica de plantexamento, nó e desenlace (ou optar por outra modalidade) e, unha vez escrita a nosa historia,comeza o reto de publicar e acadar lectores. É o gran camiño da promoción no que interveñen o boca a orella, os presciptores famosos que recomenden a túa obra. Tamén podes ser un persoaxe mediático ou ter a mala sorte de Salman Rushdie e che proclamen unha fatwa pola que se recomenda matarte trala publicación de "Os versos satánicos". Mala sorte para el, claro, como lembrou o escritor, para os seus editores "foi marabilloso,convertiuse en best seller a nivel mundial".

En realidade, sinalou o escritor, un best seller pode chegar "polos camiños máis insospeitados" e se queres vivir da literatura debes tentar "chegar a lectores de todo o mundo, a países con outra mentalidade e cultura".

Tamén afondou nas particularidades de escribir para a televisión, da influencia dos executivos que poden diluir un guión buscando contentar ao maior número de públicos, antes de sinalar que despois de todo "non somos moi distintos dos que vivían aquí fai 7.000 anos. Os habitantes da tribu reuníanse arredor do lume e un chamán contaba histoiras sobre as súas tradicións, para entretelos e que non tivesen medo. Eran contadores de historias".

Xa no turno de preguntas, Manel Loureiro explicou que lle lleva entre 1,5 e 2 anos escribir unha nova obra que cando o fai nin pensa no éxito de ventas nin en facer un bo libro. "Buscar o éxito editorial é a fórmula perfecta para levar unha trompada, non estás poñendo a túa alma; tampouco é bo pensar en agradar, tes que escribir pensando en tí, escribir ten que ser divertido" e hai que facer unha obra "que sexa emocionante e divertida, teñen que pasalo ben".

Eso si, unha vez que sae á venda a novela "deixa de ser túa", pero escibir, destacou, é máxico: "Tódolos lectores tendes unha chave que abre portas a sitios insospeitados e nos leva a experiencias que só achega a lectura. Non deixedes de ler nin de soñar nunca".