A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín celebra este mes os seus dez años de actividade cun programa especial que comezará coas Xornadas de Memoria Histórica, organizadas xunto coa Fundación Alexandre Bóveda e coa especial colaboración do Instituto Galego de Historia. Serán do 14 ó 16 de decembro.

O xoves 14, ás 20 horas no salón de actos do IES Illa de Tambo, a compañía Avelaíña Teatro porá en escea a obra "A Lola", que representa a todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.

Os dous días seguintes, no Museo Manuel Torres intervirán Carlos Velasco Souto, Xoán Carlos Garrido Couceiro, Aurora Marco, Xosé Manuel Moreira Docampo, Celso Xavier Milleiro Sánchez, Xosé Leal, Enriqueta Otero, Bernardo Máiz Vásquez, Xosé Álvarez, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. O peche destas Xornadas de Memoria Histórica será a presentación do libro " Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio", de Manuel Pérez e Carlos Babío

O sábado 23, no Cemiterio de A Raña, terá lugar a inauguración da placa conmemorativa colocada como "lugar de memoria", en lembranza das persoas que alí sufriron a represión franquista.