Entregaranse premios a unha persoa física vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Pontevedra e os seus habitantes, así como a unha persoa xurídica, asociación, entidade ou colectivo que teña desenvolto un labor de especial proxección cara Pontevedra e os seus habitantes.

Para cada unha das modalidades comprendidas nestes dous apartados outorgarase un único premio, que consistirá nun Teucro de prata e un diploma.

Os premios serán entregados na sesión extraordinaria de honras que, para tal efecto, ten lugar tradicionalmente o día 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián.