"Xa teño vido máis veces ao Culturgal", explica Carlos Meixide, "as veces con Os da Ría e xa o ano pasado cos meus libros, presentando a novela Cans e este año traio dúas cousas novas, que son a miña nova novela Guitiriz, de aventuras xuvenís, e A memoria dos meus pasos, unha novela por entregas que xa publiquei no diario dixital Praza Pública, é un traballino autoeditado que me fai moita ilusión".

O balance destes anos da feira é "positivo para min como membro de Os da Ría e cando veño como escritor e editor, porque é a mellor maneira de mostrar o meus traballo ao público máis interesado na cultura e na literatura". Tamén valora a oportunidade de vender produtos e presentar novidades "polo que para min é unha oportunidade boa incluso comercial; esta feira ten interese á hora de vender ao público un produto novo".