O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está nun proceso de reformulación que inclúe a súa internacionalización. México será o primeiro país convidado e no país azteca estarán a concelleira de Cultura, Carme Fouces e a coordinadora do Salón, Eva Mejuto durante a próxima semana co fin de avaliar a proposta de programa e delegación que virá á Pontevedra en 2018 mais tamén para ter presencia e participar na Feira Internacional de Literatura Infantil y Juvenil (FILIJ) de Cidade de México.

O modelo de cidade de Pontevedra estará presente na Feira Internacional de Literatura Infantil y Juvenil de México, da man da concelleira de Cultura, Carme Fouces, que participará coa conferencia: "Una Ciudad para la infancia", o luns 13 de novembro, nun evento dirixido a institucións gubernamentais,asociacións civís e os diversos actores da cadea do libro infantil e xuvenil.

Esta actividade está organizada polo Ministerio de Cultura Mexicano.Non será a única finalidade da viaxe, senón o punto de partida para una serie de reunións de traballo institucional de cara ao irmanamento do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra coa FILIJ.