O ex fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, impartirá unha conferencia nos Venres do Ateneo programado para o día 27, ás 20.00 horas no Museo Torres, sobre o notario Victorino Gutiérrez Aller, experto en Dereito Civil galego, pioneiro na redacción de testamentos en galego e impulsor da normativa xurídica galega para actos documentados. O Ateneo empraza ás persoas que o desexen a que redacten unha manda testamentaria en galego, cunha extensión de 30 a 40 liñas de texto, e a envíen ao correo electrónico do Ateneo, ateneosmarin@hotmail.com.