| O Museo Torres acolleu unha conferencia do profesor e académico da Real Academia Galega Henrique Monteagudo, sobre o escritor Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras. Co lema "Carlos Casares, un contador de historias", título do libro escrito polo propio Monteagudo e publicado por Galaxia, o autor reivindicou a obra literaria de Casares.