Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Crónicas do Teatro no Morrazo

O teatro escolar (XIX): IES Illa de Tambo (I)

O grupo do centro marinense pasou a chamarse Tróquele no curso 2004/05, adiantándose á Lei da Memoria Histórica

Unha imaxe durante un descanso dun dos ensaios para preparar "Azos de esguello". // ?Arquivo do autor

Así que tras estas actividades teatrais espaciadas no tempo, e co obxetivo de crear no seu centro un grupo permanente, e cando María José Varela se reúne coa directora canguesa. Sen dúbida María José foi a gran impulsora deste grupo. Daquela reunión saíron moi ilusionadas pola creación da actividade, aínda que faltaba un elemento clave, os actores. Había certas dúbidas de cal sería a resposta do alumnado a unha actividade nova no centro, e sendo ademais Marín, quizáis, o pobo con menos tradición teatral no Morrazo.

Pero a resposta foi bastante boa, e nese primer ano apuntáronse 13 alumnos/as, todos moi cativos , xa que eran estudantes de 1º e 2º da eso, por tanto entre 12 e 13 anos. Como ningún deles tiña experincia no mundo do teatro, empezouse a actividade pouco a pouco, para ir integrando os nenos/as, crear grupo e dotalos de seguridade, sin ser demasiado agresivos nos exercicios a realizar. Así que tras uns meses de iniciación que ademais serviron para a cohesión do grupo, empezaron a ensaiar a obra para participar na 7ª edición da MOTESMO. A obra elixida foi una comedia lixeira de Suso de Toro titulada " Unha rosa é unha rosa", publicada en 1997. A estrea foi no IES Johan Carballeira de Bueu o 28 de abril do 2003.

Nos papeles protagonista desta obra actuaron, Laura Viñas como"Vella" e como os seus interesados sobriños Estrella Pallín como "Adela" e Alberto Abal como "Pololo". Este último permaneu no grupo 5 anos, amosando nas 5 obras que participou una gran vis cómica, sendo un actor moi histriónico pero terriblemente divertido.

De todas as obras destes anos se fixeron un mínimo de catro actuacións, xa que ademáis da estrea na mostra, sempre se facían un pase no Auditorio de Cangas e dous máis no Salvador Moreno para os compañeiros de instituto.

Co comezo do novo curso o grupo de teatro sufriu cambios, converténdose nun grupo máis maduro gracias a entrada de alumnos de bacharelato, e dos últimos cursos da ESO. Pese as diferentes idades, o grupo seguía disfrutando dunha gran cohesión, gracias sobre todo a colaboración dos máis maiores, que co seu bo carácter e amabilidade facían que todos estiveran integrados. Entre eles gustaríame destacar a César Juncal e Alba Blanco, dous xovenes moi talentosos para o teatro que permaneceron no grupo ata rematar a súa etapa no instituto. A obra escollida para este ano foi " Carne de Estatua" escrita por Xosé Luís Martínez Pereiro no ano 2001. Unha obra onde o autor recorre a ironía e o esperpento para facer unha crítica sobre o papel que se lle atribúe a muller na sociedade e na historia. Nesta obra se mezclaban persoaxes reais con outros como un retrato de Schopenhauer, un busto de Beethoven ou a Estatua da Liberdade.

O curso 2004-2005 trouxo a novidade do cambio de nome do grupo, deixou o antigo nome de G.T. Salvador Moreno e pasou a denominarse Tróquele. Esta proposta foi suxerida por María José Varela e moi ben recibida por tódolos integrantes do grupo. O que fixo o grupo de teatro naquel intre, foi adiantarse o que pasaría anos despois, xa que, coa chegada da Lei de Memoria Histórica o instituto tamén borrou o nome deste militar golpista que posteriormente tamén foi ministro con Franco, converténdose no IES Illa de Tambo. O grupo mantivo practicamente os mesmos integrantes do ano anterior, pudendo ser así o traballo realizado en clase moito máis avanzado, e cun traballo actoral moito máis completo. Isto púdose apreciar na obra que Tróquele presentou na 9ª edición da MOTESMO, onde se deixou un pouco de lado o humor das obras anteriores, para adentrarse nun texto que misturaba a política coas relacións de parella, con esceas para o recordo como unha de fiumes entre o Alcalde e a Alcaldesa, protagonizada por Alba Blanco e César Juncal. Unha obra de Euloxio R. Ruibal titulada "Azos de esguello"

Desta montaxe gustaríame destacar tamén a Edgar Ruíz e a Andrea Casalderrey. Non pola importancia dos seus papeis, que eran intermedios dentro da obra, senon pola frescura e alegría que sempre transmitían ó grupo. Andrea era a máis pequena dos participantes, sempre sorrindo, cunha verborrea que costaba domesticar durante os ensaios, pero sempre moi responsable cando saía a escea.

O grupo Tróquele volveu a rexuvenecer no curso 2005-2006, xa que a marcha dos alumnos que acabaron o bacharelato uníuse a chegada o grupo varias nenas de 12 anos que acababan de entrar no instituto. Varias destas actrices como Sara Poses e Sara Novegil, xa fixeran teatro no colexio Chan Da Laxe cando Rosi Figueroa impartía esta actividade neste centro de Marín.

Este ano a MOTESMO voltou a Cangas para celebrar alí a sua décima edición. "Os Cravos de Prata" de Nicolas Bela foi a obra escollida. O texto deste irlandés e unha comedia con moito humor negro, xa que a acción desenvólvese durante o velatorio de Pat O'Connor. Na adaptación que escribimos deste texto, trasladamos a acción dende Irlanda, onde se situa a acción orixinal, ata Galicia. Este viaxe dos persoaxes resultou bastante sinxelo, xa que o humor da obra era moi parecido a retranca galega.

No papel principal Alberto Abal como "Paco", un morto que non está morto, que quere disfrutar do seu propio funeral, xa que aforrou en vida moitos cartos para ter o mellor de toda a bisbarra, con media ducia das mellores carpideiras (mulleres que choraban profesionalmente nos velatorios). Fanny Cal despedíase do grupo despois de tres anos, co outro papel protagonista " Alicia" a irma de "Paco".

Os grupos de teatro escolar, ben sexan de primaria ou secundaria, teñen un número de integrantes diferentes dun ano a outro. As veces o número e tan elevado que se fai complicado atopar un texto axeitado para tanto interprete, porque na secundaria non é posible repartir papeis de dúas ou tres frases, xa que todos reclaman un persoaxe con certa relevancia na obra. Outros anos, por contra, o número de participantes disminue, e o abanico de obras para representar medra, ademais de ser obras máis corais. Isto último foi o que aconteceu no curso 2006-2007, xa que o grupo reducíuse a menos da metade, quedando este ano en seis integrantes, todos con experiencia en anos anteriores. A obra de Fernando Arrabal "Pic-Nic" adaptouse perfectamente o novo grupo, unha comedia que afunda no absurdo da guerra. Para o papel protagonista foi escollida Erika Iglesias como "Zapo", un soldado abandoado nunha trincheira e cuio único desexo e ter un compañeiro para non estar tan só. Como pais de Zapo actuaron, Alberto Abal como Sr. Tepán, na que foi o seu último ano na mostra, e Marián Sanjorge como Sra. Tepán. Unha parella que tiñan unha química especial xa que eran polos opostos, a contención da señora contra o histrionismo do Señor.

Outros alumnos que participaron estos anos na actividade foron: Álvaro Méndez, Nuria Taboada, Tanya Torres, Adrián Pernas, Romina Meira, Aitxiber Varela, Elena Iglesias, Raquel Nores, Mª José Pérez, Eva Eiras, Andrea González , Isabel Regueira, Gabriel Pernas, Patricia Navarro, Catarina Cosque, Diego Abal, Miriam Otero e Andrés Navarro.

Compartir el artículo

stats