O académico da Real Academia da Lingua Galega Henrique Monteagudo impartirá unha conferencia o venres 20 outubro ás 20.00 horas no Museo Manuel Torres, sobre o homenaxeado este ano con motivo do día das Letras Galegas, Carlos Casares.

A charla leva por título "Un contador de historias" e no acto participará tamén o alumnado do colexio Carballal, gañador do Certamen Musical das Letras Galegas.

Trátase dun acto organizado polo Ateneo Santa Cecilia Club Unesco de Marín.