A ruta das mulleres é un proxecto de sensibilización, prevención e intervención social para dar visibilidade ao traballo das mulleres maiores que construíron e loitaron pola nosa comunidade. A actividade comeza cunha invitación a toda a poboación a votar pola persoa que consideran merecedora dunha homenaxe en cada parroquia. Con esta selección editarase un libro coas biografías destas mulleres e colocaranse placas que marquen a ruta que empraza a súa presenza dentro da sociedade.

O recoñecemento da labor das persoas maiores é unha tarefa de sensibilización e de construción de consciencia social en igualdade impostergabel. É un achegamento relevante para ás novas xeracións, que ignoran as dificultades da conquista dos dereitos que hoxe dan por feitos. Perseguimos tamén o obxectivo de incrementar a relación entre as diferentes xeracións e promover agradecemento a partir da lexitimación social de que elas construíron o que hoxe aproveitamos tanto en dereitos como en benestar. Dende a administración local din estar convencidos de que a igualdade só pode articularse sobre a base do respecto á experiencia e sabeduría das nosas persoas maiores.

Polo tanto o Concello de Moraña "sigue traballando nas politicas de igualdae como non poderia ser de outro xeito e invita a toda a poboacion a que participe nesta actividade para comprometer a toda a sociedade de Moraña nas politicas de igualdade".

Para elo todos os veciños teñen no seu domicilio una invitacion para proceder a votación que teran que depositar nas urnas instaladas na Casa da Cultura ADR Castelao.