14 de septiembre de 2017
14.09.2017

A fundación Forga ofrece cursos gratuítos e cunha alta tasa de inserción laboral

Oferta 150 prazas que conducen á obtención do título para o exercizo de profesións demandadas

14.09.2017 | 02:57
Participantes nun dos cursos do Forga, xunto co alcalde. // FdV

A sede da Fundación para a Orientación, Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico, Emprego e Formación de Galicia (Forga) no polígono da Reigosa de Ponte Caldelas lanza a súa oferta de formación completamente gratuíta para os próximos meses dirixida a persoas desempregadas. Oferta un total de 150 prazas repartidas en 10 cursos.

Os cursos do Forga son unha oportunidade de inserción laboral, pois son dos poucos en toda Galicia que ofrecen formación en obradoiro seguida de prácticas en empresas, polo que conducen directamente ao título que permite exercer unha profesión con saída no mercado laboral.

A oferta consiste nos cursos de Montaxe e Mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, Operación de sistemas informáticos, Cociña, Inglés, Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas, Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas, Transporte sanitario, Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios e, finalmente, Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos. Todos eles, agás o de Operación de sistemas informáticos teñen nivel A2. A duración varía segundo a modalidade e os horarios son maioritariamente de 9 a 14 horas.

O primeiro dos cursos será o de Baixa tensión que botará a andar o próximo día 21, polo que os interesados deben apresurarse. O resto irán desenvolvéndose de aquí ata principios do próximo ano. As persoas interesadas poden recoller toda a información previa no polígono do Campiño ou solicitalos directamente na súa oficina de Emprego.

Erundina Louro, orientadora laboral do Forga de Ponte Caldelas subliña que a clave do éxito está nas propias instalacións, que dispoñen de obradoiros especializados que dan un selo propio e permiten fuxir da típica formación de oficina. Tanto é así que o Forga fai posible rematar os seus cursos con prácticas certificadas e co título habilitante para o exercizo dunha profesión. Ademais, realízase un itinerario de inserción, acompañando ao alumnado ata que acada traballo.

Todo elo se traduce en índices do 70% en cursos como o de Transporte sanitario ou do 90% no de instalador de baixa tensión.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Holmberg, con camisa blanca tras Javi Llorente en un partido del pasado año
Víctor Holmberg cambia el banquillo por la cancha

Víctor Holmberg cambia el banquillo por la cancha

Llevaba unos años siendo ayudante de Javi Llorente y fue internacional por Suecia en categorías...

Para goles, Pontevedra

Para goles, Pontevedra

Teucro y Cisne empiezan la liga siendo los máximos goleadores de la competición

El Pontevedra vuelve a ser lo que era

El Pontevedra vuelve a ser lo que era

El regreso al estilo que ya le dio muchos puntos la temporada pasada trajo consigo la primera...

Blanco Dios se corona campeón mundial en dobles

Blanco Dios se corona campeón mundial en dobles

El pontevedrés Jaime Bernardo Blanco Dios acudió el pasado fin de semana a Las Vegas...

El Pontevedra se reconcilia con la victoria

El Pontevedra se reconcilia con la victoria

Los granates fueron muy superiores a un San Sebastián de los Reyes muy flojo en defensa que encajó...

Cuarto penalti a favor en tres partidos en Pasarón

Cuarto penalti a favor en tres partidos en Pasarón

Con el penalti señalado ayer sobre el atacante granate David Añón ya son...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine