O Concello de Ponte Caldelas eliminou as dietas de desprazamentos do seu persoal gracias á incorporación dun vehículo institucional, un Renault Laguna que substituíu á vella furgoneta C-15, que contaba cunha antigüidade de case 20 anos e sufría constantes avarías. O coche, adquirido no marco do Plan Concellos, tivo un custo de 4.600 euros ao tratarse dun vehículo de segunda man. É utilizado a diario polas traballadoras dos Servizos Sociais municipais nas súas visitas a domicilio e polo resto do persoal que así o precise para o exercizo de funcións públicas.Ademais está a disposición do alcalde, Andrés Díaz, para os desprazamentos oficiais. O rexidor municipal xa non pasaba ningunha dieta de desprazamento nin de quilometraxe.