O programa Danza 3 de difusión da música e o baile tradicionais chega este mes ao seu ecuador con catro novas citas en Sanxenxo, Mos, Ribadeo, e Ortigueira. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación impulsa, xunto coas agrupacións do colectivo XOC (Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela), una nova edición deste ciclo, que se estenderá ata novembro para ofrecer un total de 12 funcións noutros tantos concellos.

A actuación de agosto en Sanxenxo correrá a cargo de Cantigas e Agarimos que completa a carteleira deste mes coa súa presentación na vila, que terá lugar o día 27 na praza dos Barcos, ata onde levará unha mostra do seu amplo repertorio buscando implicar no espectáculo aos cidadáns e visitantes da localidade.

Con máis de oito anos de traxectoria, esta iniciativa naceu co obxectivo de impulsar a proxección social do vizoso patrimonio inmaterial que atesouran a música e o baile tradicionais, así como do labor de investigación, conservación e divulgación do folclore galego que desenvolvenn este tipo de agrupacións.