Andrea Bayer: "Dinme pola rúa: que sorte tedes de vivir aquí"

"Non hai unha cidade mellor, nin para min nin para os meus fillos"

28.07.2017 | 05:25
A actriz, produtora e guionista é de Redondela. Elixiu Pontevedra para vivir hai uns cantos anos. E a cidade a elixiu a ela como pregoeira das Festas da Peregrina, e xura que de todos os recoñecementos e premios recibidos foi o que a fixo máis feliz. É membro de Baobab Teatro, unha compañía adicada aos nenos, responsable de parte dos inicios de nosos "peques" no mundo da arte, as letras e o da fantasía.

- Cales son os teus primeiros recordos de Pontevedra?

- Eu tiña unha tía en Pontevedra e viñamos de visita. Como ela vivía en Praza Galicia acórdome de ir camiñando ata a Alameda. A ver aos monos.

- Imaxinábaste vivindo en Pontevedra?

- De pequena non. Tampouco despois. O que pasou é que vin estudar e quedeime. No segundo ano de maxisterio xa sentía que son de aquí. Logo me fuí uns anos a traballar a Santiago e sempre estaba a pensar en que tiña que volver.

- Por que?

- Por moitas razóns. Pero sobre todo porque aquí sinto que estou na miña casa. É unha cidade comodísima. Eu viaxo moito por traballo, e como teño dous fillos sempre penso que non hai un lugar mellor nin para min nin para eles. Non hai unha cidade como esta. Temos moita oferta cultural e para facer deportes de calquera tipo. Ás veces falo con xente de fóra que non mo pode crer.

- A oferta cultural infantil é boa?

- E para adultos tamén. Hai unha oferta moi potente. A min realmente non me dá tempo a facer todo o que me ofrece Pontevedra. É verdade que teño a sorte de ter traballo, pero o tempo libre non me chega.

- Como viviches os cambios dos últimos anos na cidade?

- Eu vin vivir aquí e ao pouco tempo levantaron todas as rúas. Era moi nova e ao principio non o entendía. Agora digo ¡meu deus, que acerto!. Isto mellorou moito. É unha cidade que che dá a posibilidade de andar.

- Como anfitriona no festival Nubebés que comentarios recolles de xente que nos visita?

- A xente está encantada. E Pontevedra empeza a ter un prestixio que lles atrae. Moitos mostran interese pola cidade. Mesmo vexo cada vez máis grupos do Imserso paseando polas rúas e non sei como pero sempre termino falando con eles. Tamén adoitan dicir "que sorte tedes de vivir aquí, hai moita calidade de vida". E eu digolles: ¡pois sí!.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine