Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ángel Paz: "O mundo do cómic fai diferente a nosa libraría"

O establecemento ubicado na rúa Peregrina cumple cincuenta anos

Ángel Paz, no local da rúa Peregrina, que cumple medio século. // R.V.

A Libraria Paz, unha das librarias máis antigas de Pontevedra é dirixida desde hai 30 anos por Ángel Paz, actual propietario e fillo dos fundadores, celebrará o seu 50 aniversario o día 29 de xullo. Ten o privilexio de ser a única libraría de Pontevedra que inclúe unha ampla sección de cómics, é ademáis unha das que ten máis fondos de toda Galicia.

-Cómo naceu a Libraria Paz?

-Naceu o 29 de xullo de 1967 e foi fundada por dúas persoas que chegaban emigradas dende Venezuela, Isidro e Dolores, os meus pais. Comezou sendo unha libraría papelería, na que traballaban materiais de oficina, escolar e artigos de natal, que era o que se levaba naquela época.

-Como se financiaban ao inicio?

-Ao comezo acudíamos a moitas ferias do libro no verán para financiarnos a través do diñeiro que gañábamos, e así é como conseguimos incorporar máis fondos ata o día de hoxe que somos unha das librarías que máis fondos temos de toda Galicia.

-Esta é a única libraría de Pontevedra que ten unha sección de cómics, cómo comezou esta idea?

-Eu sempre tiven como debilide os cómics, por iso tomei a decisión de incorporar pouco a pouco este mundo que a min tanto me gostaba na libraría.

-Tiveron algún tipo de competencia neste sector?

-Non, desde o inicio fomos a única libraría cunha sección para os cómics. É verdade que agora podes atopalos en calquera libraría porque xa non é descoñecido como era antes, pero ningunha ten unha sección exclusiva para esta.

-Como cambiou o sector do cómico neste anos?

-Cando comezamos a levar os cómics e libros de ficción ás feiras do libro os libreiros mirábannos como bichos raros. O motivo era que non había esa cultura , como pode haber hoxe, na que o cómic atópase xa inmerso na mente das persoas.

-Tendes clientes habituais dende hai moitos anos?

-Eu xa non os chamaría clientes, xa considero á maioría amigos. Temos a moita xente que entrou sendo un rapaz pequeno e agora é todo un home.

- De que forma van a celebrar o cincuenta aniversario dunha das librarías con máis prestixio de Pontevedra?

-Aínda non temos nada planeado. Xustamente este ano coinciden os días igual que hai 50 anos, cando os meus pais deixaron todo preparado o sábado 29 de xullo de 1967 e abriron o luns 31.

-Botando unha ollada cara o futuro, como o ve?

-Este mundo esta cambiando moito e son cada vez máis as librarías que van pechando. A día de hoxe os alugueres dos locais que son precisos para as librarías non compensan debido ao prezo elevado que piden por eles. Esta libraría sigue viva porque o local é da familia senón seguramente non existiría, polo menos non existiría con este fondo que temos.

Compartir el artículo

stats