Queremos Galego Marín entrega os premios Lingua de Ouro e de Trapo no uso do idioma

O Concello de Marín colabora neste acto no que ademais recibirá o galardón negativo

01.07.2017 | 03:38

A Asociación Queremos Galego Marín pecha o curso coa súa tradicional entrega de Premios Lingua. Será hoxe, a partir das 21.00 horas, na área recreativa do Pornedo. Con estes premios a asociación quere recoñecer públicamente o labor daquelas persoas e colectivos que contribúen á normalización da nosa lingua, cultura e medio así como tamén a dar a coñecer a aquelas persoas e entidades que a ignoran ou desprezan.

O Premio Lingua de Ouro na categoría individual este ano será para Rafael Quintía Pereira. Coñecido antropólogo, economista, escritor e músico que traballa desde hai moitos anos no campo da investigación e a divulgación da etnografía, historia, cultura e antropoloxía social e cultural de Galiza.

O Premio Lingua de Ouro na categoría de colectivo este ano será para a Asociación Monte Pituco e o Premio Lingua de Trapo este ano está destinado ao Concello de Marín "para que repare un pouco no trato que lle dá á nosa lingua". Sinalan como exemplo o proxecto Marín 2020, redactado só en castelán, así como o concelleiro de Deportes, Antonio Traba Miñones, que emprega única e exclusivamente o castelán nos actos públicos desta concellería.

Curiosamente o propio Concello de Marín colabora neste acto, no que os premiados recibirán unha figura realizada polo taller Alén das Olas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine