A Asociación Queremos Galego Marín dou a coñocer onte aos gañadiores dos Premios Lingua de Ouro e Trapo que recaíron no antropólogo Rafael Quintía Pereira, e na Asociación Monte Pituco, eo premio crítico foi para o Concello de Marín. O acto tivo lugar na Alameda Rosalía de Castro. A entrega deste ano terá lugar o vindeiro sábado 1 de xullo a partir das 21 horas na área recreativa do Pornedo.

Con estes premios a asociación quere recoñecer publicamente o labor daquelas persoas e colectivos que contribúen á normalización da nosa lingua, cultura e medio así como tamén a dar a coñecer a aquelas persoas e entidades que a ignoran ou desprezan.

O Premio Lingua de Ouro na categoría individual este ano foi para Rafael Quintía Pereira. Este pontevedrés, veciño da parroquia de Salcedo, é un coñecido e recoñecido antropólogo, economista, escritor e músico que traballa desde hai moitos anos no campo da investigación e a divulgación da etnografía, historia, cultura e antropoloxía social e cultural de Galiza.

Rafael Quintía tamén é un habitual da programación da Asociación Queremos Galego Marín con quen presentou o anuario "Fol de Veleno", os seus libros, "Alicornio. O poder do corno de unicornio na mediciña tradicional galega" e "Análise estrutural e simbólica do mito da moura", este último gañador do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais do 2015. Tamén compartiu coa asociación a súa sabedoría sobre os ritos da morte na cultura galega.

Recibe este premio Lingua de Ouro porque, según a organización, "ademais de valorizar e dignificar o noso patrimonio material e inmaterial, na súa vida e nos seus traballos de investigación emprega o galego como lingua vehicular".

Pola sua banda, o Premio Lingua de Ouro na categoría de colectivo este ano será para a Asociación Monte Pituco. Este colectivo, que naceu a raíz da ameaza que supuña para o patrimonio e o medio o proxecto de instalación dun polígono industrial no monte Pornedo, é unha das asociacións que máis teñen contribuído nos últimos tempos na divulgación do patrimonio que atesoura o concello de Marín. Concedeselle pois o premio Lingua de Ouro colectivo "como un merecido recoñecemento polo seu imprescindíbel labor na defensa do monte Pornedo e do seu patrimonio natural, paisaxístico e patrimonial e porque para facelo empregou o galego como lingua de traballo".

Queremos ademais parabenizar publicamente a esta asociación por conseguir nas últimas semanas unha sentenza que lle ordena á Xunta de Galiza a retirar o proxecto de polígono no monte Pornedo do seu plan de áreas industriais.

En canto ao Premio Lingua de Trapo este ano está destinado ao concello de Marín "para que repare un pouco no trato que lle dá á nosa lingua".