Ponte Caldelas edita un folleto para informar das actividades nas ludotecas de verán

22.06.2017 | 05:18
El alcalde, con responsables de los colectivos. // FdV

O alcalde, Andrés Díaz, recibeu aos representantes da Sociedade Cultural e Deportiva Ponte Caldelas, as ANPA dos colexios Cordo Boullosa e A Reigosa, á directora da ludoteca municipal, á responsable de Hípica Amazonas e aos xestores da escola infantil Papaventos e do parque infantil Verdugolandia, aos que agradeceu o seu esforzo. Un folleto, editado polo Concello de Ponte Caldelas, axuda ás familias a coñecer facilmente a totalidade da oferta que a iniciativa pública e a privada, poñen en marcha este verán para axudar á conciliación da vida familiar e laboral durante a época estival.Un esforzo compartido, no que participan sete entidades distintas, que posibilita a existencia de ata 350 prazas nas que se ofrecen todo tipo de actividades. A rapazada poderá así gozar dos xogos populares, roteiros, elaboración de vivacs, excursións ao río e á praia fluvial, paseos en bicicleta, clases de trenzados, de pintura, de equitación, obradoiros de cociña, música, pintacaras, etcétera.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine