O Centro Cultural de Ponte Caldelas acolle hoxe, as 20.30 horas, a presentación do libro "Segredos ao Descuberto. Pegadas de canteiros e buscadores de tesouros nos petróglifos galegos", do que son coautores Buenaventura Aparicio Casado e Antonio de la Peña Santos. No acto participará Buenaventura Aparicio, acompañado do antropólogo Rafael Quintiá. A introdución será a cargo do alcalde, Andrés Díaz. Buenaventura Aparicio, que é un gran coñecedor e divulgador da arte rupestre de Ponte Caldelas (á que mesmo dedicou un conto infantil titulado A Pedra do Cervo), céntrase agora na análise das insculturas pétreas cun enfoque pouco convencional e un estilo claramente dirixido ao gran público máis que á comunidade científica. O libro é unha aposta pola antropoloxía cultural que emana dos petróglifos.