O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, expresou o seu convencimiento de que Pontevedra capitalizará as actividades de homenaxe a María Victoria Moreno, autora á que se adica este ano o Día das Letras Galegas, unha “galega de nación consciente”, lembrou, nada en Cáceres e que a pesares de non ter o galego como lingua materna habitouno e ensinouno, mesmo cando estaba fóra da lei.

Se a cidade do Lérez será o escenario central dependerá “de moitas cousas, da Academia, da familia de María Victoria e da cidade de Pontevedra, como pontevedrés estou seguro de que si”, sinalou o presidente da RAG na mañá deste luns, día 19.

Explicou que os debates na RAG son intensos “porque cada vez que escollemos unha figura á que se lle adica o Día das Letras Galegas detrás está a sociedade galega e a lingua”. Valoranse especialmente, engadiu, os méritos de cada autor e a súa dimensión social e dinamización que pode suponer esa figura para que o galego esté no debate social.

“O ano de Manuel María foi moi intenso, o de Casares tamén moi participativo e estou convencido de que este ano de María Victoria vai ser tamén moi participativo, en primeiro lugar pola súa condición de mujer”.

É a cuarta muller á que se lle adica o Día das Letras Galegas e recoñecela supón levar ó espazo oficial “o que é normal na rúa”, en alusión á intensa presenza das escritoras na literatura galega, moi especialmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil e no que teñen acadado un gran recoñecemento internacional. Boa parte da obra de María Victoria Moreno, lembrou o presidente da RAG, está pensada para eses públicos, outro factor que convertirá o ano adicado a esta autora en participativo.

“A terceira cuestión importante é a dimensión do profesorado: María Victoria representa a ese profesorado activo, comprometido coa lingua, coa ilusión de construir un país entre todos moderno, que non renuncia á sua propia identidade, ó seu idioma como un patrimonio, un valor obectivo”, sinalou Victor Freixanes. Éste tamén lembrou que á escritora afincada na cidade do Lérez “nalgún momento se lle retirou o pasaporte por explicar o galego ós seus alumnos e éstes recordana como unha profesora e unha activista moi importante”.

Finalmente, a cuarta dimensión á que aludiu o presidente da RAG e a súa condición de non galega de nacemento senón “galega de nación consciente”, dentro da tradición de escritores “que veñen de fóra e se incorporan a nós con toda a ilusión e o compromiso que eso representa”.

Eso significa, engadiu, que a nosa cultura ten capacidade de seducción, capacidade para incorporar a xente de fóra e facela nosa, autores “que deciden ser galegos porque eles queren, eso a min paréceme un factor que nos invita a reflexionar en positivo”.