Unha aula permanente para a AELG

Un obradoiro con Ledicia Costas estreará o novo espazo no Pazo da Cultura

11.06.2017 | 03:49
O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, a concelleira Carme Fouces e a autora Mercedes Queixas. // R.V.

A Escola da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, contará cunha aula de carácter permanente en Pontevedra. Será no Pazo da Cultura e comezará esta nova andadura cun obradoiro da escritora Ledicia Costas, moi vinculada ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil. A actividade, que se desenvolverá o 29 e o 30 de xuño, estará destinada soamente aos gañadores do V Certame de Relato Curto que organiza a federación de Anpas de Pontevedra en colaboración co Concello.

Non será a primeira vez que a asociación teña á súa disposición un espazo para a celebración dos seus obradoiros, pero si cun carácter permanente para a súa escola.

Mercedes Queixas, da AELG, lembrou que a escola nacera en 2011 na Coruña e que aterrara en Pontevedra hai dous anos. "Dende o principio Pontevedra respondeu de forma sólida, solvente. Xa é a capital da literatura Infantil e Xuvenil", subliñou.

"A avaliación en Pontevedra e sempre moi positiva. Constatamos un elevado interese por parte da sociedade. Sempre se cubren as prazas", informou dos obradoiros.

"Para nós é fundamental promover a visibilidade para os escritores, fomentar o pensamento crítico, achegar metodoloxías e traballar a técnica", considerou.

Este primeiro obradoiro, só destinados aos estudantes do citado certame, comporase de dúas sesións de dúas horas. Así mesmo, en outubro terá lugar outra actividade para público en xeral, con inscrición previa, este outono, en datas aínda por confirmar.

Por outra banda, Cesáreo Sánchez, presidene da AELG, anunciou que o 7 e 8 de outubro terá lugar o I Congreso Monográfico de Poesía, "moi transversal, no que poidan participar varias xeracións". Serán dous días de intensa programación con recitais, debates e a análise da influenza dos novos soportes dixitais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Luisito: "Defendimos con una parsimonia tremenda"

Luisito: "Defendimos con una parsimonia tremenda"

"Así no vamos a ningún lado, no entreno a cadetes, sino a profesionales", aseguró

Soluciones al atasco a base de movilidad

Soluciones al atasco a base de movilidad

El equipo necesitaba una revolución. El Pontevedra había completado una primera...

El Pontevedra tropieza en su debut

El Pontevedra tropieza en su debut

Los errores defensivos condenaron al equipo granate, que encajó un tanto en el primer minuto

Derbi de altura para empezar la liga

Derbi de altura para empezar la liga

- El Pontevedra debuta esta mañana esta temporada en el campo de Barreiro (12 horas) contra el...

La SD Teucro vence y convence

La SD Teucro vence y convence

Los azules le devuelven la derrota al Braga (33-31) en el debut en casa de la pretemporada -...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine