| O pazo provincial acolleu onte un desfile de traxe tradicional no que participaron 45 modelos e se puideron admirar máis de 700 pezas antigas de distintas épocas históricas e comarcas de Galicia. O acto forma parte das actividades do Ano do Pratrimonio e estivo organizado pola Deputación provincial. Os modelos descenderon polas escadas do interior do edificio ata o hall e remataron o seu pase na escalinta exterior, nunha emulación dunha pasarela de alta costura. A escolma de traxes inclúe pezas de diferentes clases sociais dos séculos XVIII e XIX, considerado o período histórico de maior esplendor do traxe galego. Os traxes que desfilaron son antigos ou reproducións fidedignas realizadas a partir da recollida e recuperación de patróns antigos, seguindo o xeito de confeción tradicional e usando os mesmos tecidos que nos orixinais.